"Ciberseguridad, os teus primeiros pasos" no Centro Gaiás Tech

Centro Gaiás Tech (Santiago de Compostela)
Imaxe

Sesión formativa en materia de ciberseguridade emarcada na campaña europea 'All Digital Weeks'. A Amtega e a Rede CeMIT, que forma parte da Asociación Somos Digital, coordinadora nacional desta iniciativa, súmanse por segundo ano a ela mediante unha serie de accións formativas co título "Ciberseguridade: os teus primeiros pasos". 

Está deseñada para proporcionar aos participantes unha comprensión fundamental dos conceptos e prácticas esenciais no ámbito da ciberseguridade. Desde a configuración das súas credenciais ata as medidas de protección de dispositivos, este curso ofrece unha visión integral e práctica de como manterse seguro fronte a novas ameazas presentes nunha contorna dixital cada vez máis complexa.

Obxectivos

  • Comprender o panorama actual de ciberseguridade: ameazas e desafíos presentes na contorna dixital.
  • Adquirir coñecementos sobre a importancia e xestión segura das credenciais.
  • Desenvolver habilidades para unha navegación segura na rede.
  • Identificar as principais ameazas en liña e adoptar mecanismos de protección.
  • Implementar medidas de seguridade en dispositivos móbiles: configurándoo e identificando ameazas propias destes terminais.
  • Adoptar novos hábitos ciberseguros que permitan protexer datos e dispositivos.
     

Información relacionada