Aberto prazo de inscrición para curso gratuíto de Seguridade en IoT impartido polo CNTG

Imaxe

Desde o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) ponse ao dispor da cidadanía un curso gratuíto en modalidade presencial sobre seguridade en IoT, coa finalidade de ensinar habilidades de White Hat Hacker para a realización de avaliacións de vulnerabilidade e risco.

Estas formacións e certificacións gratuítas forman parte do investimento que fai a Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade no marco do proxecto do Centro de Innovación e Competencia en Ciberseguridade no contexto do Programa RETECH. No proxecto do Centro participan as comunidades de Galicia, Cataluña e Valencia, estando liderado desde a rexión galega pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

A continuación, detállase a información relativa ao curso:

  • IoT Fundamentals: IoT Security
    • Inscricións: Del 22/02/2024 al 06/03/2024
    • Proba de selección: Presencial no CNTG (Santiago de Compostela) – 12/03/2024 ás 18:30h
    • Período de impartición do curso: Do 15/04/2024 ao 26/04/2024 (luns a venres de 16:30h a 20:30h)
    • Duración: 40 horas
    • Modalidade: Gratuíta – Presencial
    • Prazas: 16

Ademais deste curso, o CNTG dispón dun amplo abanico de cursos para diferentes tecnoloxías. Podes consultar a programación completa na seguinte ligazón: https://cntg.xunta.gal/web/cntg/cursos

Información relacionada