Este mestrado propio da USC busca que o alumnado coñeza os aspectos nucleares que vertebran as estratexias de Ciberseguridade e Ciberdefensa, así como os aspectos éticos e legais necesarios. Ensina tamén os sistemas de xestión de seguridade da información, cómo establecer estratexias de seguridade ante ameazas, os mecanismos de ciberataque identificando as vulnerabilidades propias fronte a eles, entre outros. Tamén inicia ao alumnado no ámbito da Ciberintelixencia, a criptografía e a seguridade no ciberespazo.
- Saídas laborais:
- Hacker éticos
- Asesor de Seguridade
- Consultor de Seguridade Informática
- Administrador de Seguridade de Rede
- Experto en xestión e resposta a Incidentes de Ciberseguridade
- Duración: 1 Curso académico
- Centros onde se imparte:
Imaxe
