Aberto o prazo de inscrición para o curso gratuíto Certified Information System Auditor (CISA) impartido polo CNTG

Imaxe

Desde o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) ponse ao dispor da ciudadanía o curso Certified Information System Auditor (CISA), que ten como obxectivo conseguir a certificación CISA e que vai dirixido a perfís como os de directores, xerentes ou consultores de auditoría de TI, auditores informáticos e directores de cumprimento, risco e privacidade.

Esta certificación ISACA é a certificación líder e recoñecida internacionalmente para xestores de seguridade da información. Xa está aberto o prazo de inscripción, que se prolongará ata o 22 de maio.

Estas formacións e certificacións gratuítas forman parte do investimento que fai a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración no marco do proxecto do Centro de Innovación e Competencia en Ciberseguridade no contexto do Programa RETECH. No proxecto do Centro participan as comunidades de Galicia, Cataluña e Valencia, estando liderado desde a rexión galega pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Deseguido detállase a información relativa ao curso:

  • Período de inscrición: 09/05/2024 - 22/05/2024
  • Proba de selección: 27/05/2024 (19:30) - Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela
  • Período de docencia: 17/06/2024 - 26/06/2024
  • Modalidade: Virtual 
  • Duración: 30 horas
  • Prazas: 20 (mínimo 10)

Información relacionada