Aberto prazo de inscrición para o curso gratuíto de Hacking Ético e Certificación Red Team Certified Professional impartidos polo CNTG

Imaxe

Desde o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia ponse ao dispor da cidadanía de forma gratuíta o seguinte curso no ámbito da ciberseguridade con opción gratuíta a realizar un exame para obter certificación oficial.

Estas formacións e certificacións gratuítas forman parte do investimento que fai a Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade no marco do proxecto do Centro de Innovación e Competencia en Ciberseguridade no contexto do Programa RETECH. No proxecto do Centro participan as comunidades de Galicia, Cataluña e Valencia, estando liderado desde a rexión galega pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

A continuación, detállase a información relativa ao curso:

Formación en Hacking Ético e Certificación Rede Team Certified Professional

  • Período de inscrición: 01/02/2024 - 14/02/2024
  • Proba de selección: 21/02/2024 (18:30) - Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela
  • Período de impartición do curso: 04/03/2024 - 29/05/2024
  • Modalidade: Virtual - De luns a venres de 16:00 a 21:00 horas.
  • Duración: 128 horas
  • Certificación: Exame de certificación, presencial o 29/05 en Santiago de Compostela: (RTCP: Rede Team Certified Professional)

Ademais dos anteriores, o CNTG dispón dun amplo abanico de cursos para diferentes tecnoloxías. Podes consultar a programación completa na seguinte ligazón: https://cntg.xunta.gal/web/cntg/cursos