Vivindo en Liña: Un Perecorrido diario por un Mundo Dixital Seguro!

Caducado
Imaxe

Actividade enmarcada no contexto do Grupo de Traballo de Cidadanía do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas a colaboración de Ria21 Soluciones Tecnolóxicas, empresa adherida a CIBER.gal, e Deputación de Pontevedra, entidade fundadora de CIBER.gal.

Sesión formativa gratuíta coa finalidade de concienciar sobre o uso seguro e responsable das TIC, tratando temáticas como os riscos na internet, a protección da privacidade e identidade dixital, o modo de comportarse en liña, como xestionar a información, o acceso a contidos inapropiados ou como evitar un uso excesivo das TIC. Ademais, durante a sesión ofrecerase aos asistentes os mecanismos de axuda dispoñibles en caso de problemas.

Con esta sesión búscase reforzar a competencia básica dos alumnos e alumnas en seguridade, na xestión dos seus perfís nas redes sociais, explicar a identidade dixital e a importancia da pegada dixital, profundar na configuración das opcións de seguridade e privacidade das redes sociais máis actuais e ofrecer aos e ás menores ferramentas e recursos aos que poder acudir cando teñan algunha dúbida sobre o uso seguro da tecnoloxía.

Adicionalmente, durante a actividade, os alumnos abordarán o concepto de hacking e os tipos de hackers máis habituais e as súas técnicas de ataque. Ofreceranse técnicas para protexer os seus datos e realizarase unha mostra dalgunhas páxinas ou ferramentas curiosas para motivar e informar. Este taller ten un enfoque práctico no que se ensinará aos alumnos e alumnas a configurar os dispositivos e as súas identidades dixitais de forma correcta, ademais de como usar xestores de contrasinais e outras técnicas que lles resultarán moi útiles no seu día a día.

O desenvolvemento da sesión seguirá a seguinte estrutura:

  • Primeira parte:
    • Uso saudable da internet
    • Riscos e consellos
    • Perigos da rede
    • Privacidade en liña
    • A túa pegada dixital
    • Configuracións seguras e medidas de protección
    • Reacción fronte a problemas
  • Segunda parte:
    • Hacking ético
    • Tipos de hackers e técnicas de ataque máis habituais
    • Curiosidades na rede, ferramentas para protección

A actividade será presencial e dirixida a escolares do Centro Príncipe Felipe de Pontevedra.

Información relacionada