O Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal celebrou a súa IV Asemblea Xeral, que contou cunha ampla participación das entidades que forman parte do seu ecosistema. Durante a sesión compartíronse os principais fitos e resultados alcanzados ao longo de 2025, así como as liñas de actividade que marcarán a actividade do Nodo este ano

PuntoGal, entidade adherida ao Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, realiza o lanzamento dun novo espazo web orientado a mellorar a ciberseguridade da cidadanía. A iniciativa desenvólvese en colaboración coa Global Cyber Alliance e alíñase cos obxectivos de CIBER.gal de sensibilización, prevención e capacitación da sociedade galega fronte aos riscos dixitais.

O Igape mobilizará ata 1,5 millóns de euros para proxectos de preparación fronte ás ciberameazas nas empresas galegas.

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar na V edición do Encontro Galego de Ciberseguridade, CIBER.gal, que se celebrará os días 5, 6 e 7 de novembro no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia.

Os próximos 22 e 23 de outubro de 2025, a Cidade da Cultura de Galicia será o escenario do Espazo CIBERGalicia, un congreso organizado pola Cátedra de Economía da Ciberseguridade (CECOCIB) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) en colaboración con INCIBE.

Xunta de Galicia

Está dirixido a alumnado de 5º e 6º de primaria e de 1º e 2º da ESO e os centros educativos interesados en participar poden inscribirse ata o 6 de outubro.

Durante o curso académico 2024-2025, 479 persoas de 27 aulas CeMIT de toda Galicia acudiron a estas charlas promovidas desde a Amtega e desenvolvidas de maneira presencial na Rede de Aulas CeMIT.

Red.es movilizará ata 130 millóns de euros para proxectos de IA, ciberseguridade e outras tecnoloxías emerxentes.

O próximo 9 de xullo de 10:00 a 14:00 o INCIBE organiza na súa sede de León o InfoDay NCC-ES. O evento poderá ser seguido tanto de maneira presencial como online.
O propósito é explicar en detalle as oportunidades de financiamento dos programas Europa Dixital, Horizonte Europeo e DIANA, para impulsar a innovación en ciberseguridade.

Co obxectivo de atender a alta demanda de profesionais en ciberseguridade no sector empresarial, a Xunta continúa reforzando a oferta formativa dos cursos de especialización en ciberseguridade IT e OT no ámbito de Formación Profesional. Este curso 25-26 amplíanse ata 15 cursos de especialización que engloban un total de 360 prazas dispoñibles distribuídas en modalidade presencial e a distancia.