Sobre ‘ciberseguridadegalicia.gal’

Este portal web nace co obxectivo de converterse no punto de referencia en seguridade da información, ciberseguridade e protección de datos persoais no ámbito autonómico de Galicia.

Aquí atoparás información sobre estas materias relevante para empresas, cidadanía, universidades e administración local.

No portal preténdense acadar os seguintes obxectivos principais:

  • Proporcionar información actualizada sobre seguridade da información, ciberseguridade e protección de datos persoais: recompilar novidades de interese nestes eidos a partir de múltiples fontes e ofrecelas como noticias, alertas ou avisos ás persoas subscritoras ou visitantes da páxina.
  • Ofrecer información de fondo sobre seguridade da información, ciberseguridade e protección de datos persoais: información técnica e práctica, documentación, recursos formativos, catálogo de empresas destes ámbitos e outros recursos.
  • Ofrecer información sobre eventos e actividades de formación e divulgación, tanto propias como de terceiros, de interese para a cidadanía e profesionais dos eidos considerados.
  • Difundir contidos divulgativos (vídeos) froito da cooperación da Amtega con diferentes entidades.