O próximo 5 de abril, nos centros CIFP Politécnico de Santiago e IES San Clemente celebrarase a I Xornada de Ciberseguridade de Formación Profesional de Galicia.
A xornada, que transcorrerá durante todo o día, está enfocada tanto en ciberseguridade IT como en ciberseguridade OT, e poderán asistir e participar o profesorado e alumnado dos 5 centros que imparten Cursos de Especialización de Ciberseguridade en Galicia, así como o profesorado e o alumnado dos ciclos FP de electricidade e electrónica, e de informática.
Está previsto a retransmisión da xornada a todo o alumnado destes cursos e ciclos de forma que mesmo o alumnado en modalidade semipresencial poida participar do evento.
A xornada conta coa participación de diversas entidades adheridas ao Nodo CIBER.gal, como o Centro de Ciberseguridade Industrial, Coren e Forensic & Security, e está organizada da seguinte maneira:
Ciberseguridade e análise forense en contornas OT – 09:30 a 10:30
Belén Peréz Rodríguez – Coordinadora do Centro de Ciberseguridade Industrial para a rexión de Galicia
Pilar Vila Avendaño – Analista forense e cofundadora de Forensic & Security
Defendendo o Internet das cousas, dentro do Internet das Cousas! – 10:30 a 11:30
David González González - Responsable de Ciberseguridade en Coren
Bug Bounty: programas de recompensa para a detección de vulnerabilidades – 12:00 a 13:00
Antonio Fernándes - Hacker ético e Responsable de Ciberseguridade en FINSA
Enxeñería Social: A arte de Hackear humanos – 13:00 a 14:00
Efrén Varón Gil - Investigación Delincuencia Tecnolóxica. Garda Civil
Cada taller realizarase en dúas ocasións, primeiro de 16:00h a 18:00h e logo de 18:00h a 20:00h
Escalada de privilexios e persistencia en sistemas Linux
Manuel González Regal - Profesor coordinador de Ciberseguridade no IES San Clemente
Emulando a ciberadversarios con ferramentas automatizadas
Andrés del Río Rodríguez - Profesor do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro
Adquisición de evidencias para Análise Forense Informático
Rafael López García - Profesor do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro
Arquitectura e funcionamento dun IDS Industrial. Nozomi – 16:00 a 17:30
Adriel Regueira Suárez – Enxeñeiro de vendas en Nozomi Networks
Ferramentas de software SINEC para a xestión e monitorización dunha rede industrial – 17:30 a 19:00 (por videoconferencia)
Javier Bravo Quiñones – Responsable SINEC NMS en SIEMENS
Instalación e Configuración de Snort sobre Raspberry pi para a detección de intrusións en redes industriais - 19:00 a 20:00
Carlos Blanco Arca – Profesor CIFP Politécnico de Santiago