ChatGPT e a súa influencia na seguridade

O papel que xoga a intelixencia artificial no noso día a día está a aumentar nos últimos anos de maneira exponencial, quedado patente, por exemplo, co auxe de ChatGPT, un modelo de linguaxe que emprega unha Intelixencia Artificial (IA) capaz de xerar respostas coherentes a preguntas formuladas polo usuario nunha linguaxe natural, admitindo erros e mesmo rexeitando solicitudes inapropiadas. Pero, é seguro o seu uso? que beneficios ten? supón unha ameaza?

Como seguro xa sabes, en novembro de 2022, a empresa OpenAI, dedicada principalmente á investigación e desenvolvemento de IA, presentou a solución ChatGPT (Transformador Xenerativo Preentrenado), un sistema de chat operado por unha IA (modelo de linguaxe GPT-3) capaz de xerar texto dunha forma coherente e adaptada a cada contexto, dunha forma moi similar ao que faría un ser humano.

Unha das cuestións máis relevante da ferramenta é que recompila unha cantidade masiva de datos de forma autónoma, o que a fai máis precisa, pero tamén máis poderosa. O seu poder non se limita a conversar de forma fluída coa persoa usuaria, senón que pode empregarse para completar outros tipos de tarefas en masa, como a procura e recompilación de información ou identificación de anomalías en distintas bases de datos, entre outros.

Coa información detallada e os comandos correctos, é unha ferramenta de automatización con gran variedade de funcionalidades.

De feito, son diversos os campos nos que pode prestar axuda e entre os seus principais beneficios resaltamos os seguintes:

  • Automatización do traballo. Pódense optimizar tarefas como revisión de documentos, crear presentacións ou procura de información relevante para informes.

  • Mellora na toma de decisións. A análise de datos en tempo real pode axudar ás organizacións a tomar decisións informadas e manterse á vangarda.

  • Impulso á investigación e desenvolvemento. A ferramenta pode proporcionar información e coñecementos relevantes para axudar ás empresas a desenvolver novos produtos, servizos e estratexias.

  • Recompilar datos dos clientes. Que se poden empregar para campañas de marketing e facilitar información detallada sobre os intereses das persoas.

Con todo, a parte das bondades de ten a aplicación, tamén conleva a aparición de novos riscos. Algún dos principais son:

  • Privacidade dos datos. A información que introduces para realizar as consultas é procesada e empregada para que a IA adestre e aprenda, podendo quedar exposta ante o resto das persoas usuarias a través de novas respostas. Por isto debes evitar introducir información persoal, confidencial ou sensible.

  • Phishing. Grazas ao emprego da ferramenta, os ciberatacantes poden crear de forma automatizada correos electrónicos de aparencia real e con gran calidade, o que permite personalizar a gran escala os textos, sen empregar fórmulas xenéricas que alerten ao usuario.

  • Xeración de desinformación. Pode empregarse para xerar de forma masiva noticias falsas e/ou deepfakes que é a edición de vídeos falsos de persoas que aparentemente son reais, utilizando para iso IA sobre vídeos ou imaxes xa existentes, creando monicreques dixitais de personaxes públicos ou privados, o que aumenta o risco de engano. Esta mesma técnica pódena empregar os ciberatacantes para suplantar a identidade de persoas e roubar información.

  • Creación de malware. Se unha persoa usuaria solicita á ferramenta a creación dun código malicioso, esta considera a petición como inapropiada e non a realiza. Nas últimas datas, os atacantes lograron, con ordes moi detalladas sobre os pasos para a creación de malware, enganar a IA e así obter o código a demanda para poder infectar dispositivos.

Para un uso seguro da ferramenta, é esencial seguir as seguintes recomendacións:

  • Mantén actualizados os sistemas, dispositivos e solucións de seguridade para corrixir vulnerabilidades.

  • Emprega contrasinais seguros para o acceso á ferramenta, xerando maior protección dos historiais de conversación.

  • Evita revelar información privada, como datos persoais ou información financeira ou contable.

  • Verifica a autenticidade da información obtida, xa que a resposta que recibes non é necesariamente verdadeira. Acode a fontes confiables para contrastala.

Lembra que aínda que estes consellos non evitan que poidas ser vítima dun ataque, axudan a minimizar os seus riscos e reducen as consecuencias dos mesmos.

Porque en ciberseguridade cada clic conta.