Aberto o prazo de inscrición para os cursos gratuítos de CCNA CyberOps Associate e Certified Ethical Hacker (CEH) impartidos polo CNTG

Imaxe

Desde o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) ponse ao dispor da cidadanía dous cursos gratuítos, un en modalidade híbrida (presencial e en liña) e outro en liña.

Estas formacións e certificacións gratuítas forman parte do investimento que fai a Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade no marco do proxecto do Centro de Innovación e Competencia en Ciberseguridade no contexto do Programa RETECH. No proxecto do Centro participan as comunidades de Galicia, Cataluña e Valencia, estando liderado desde a rexión galega pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

A continuación, detállase a información relativa a cada curso:

  • CCNA CyberOps Associate

    CCNA Cybersecurity Operations - CYBER OPS introduce os coñecementos e habilidades necesarias para asumir con éxito as tarefas, deberes e responsabilidades das/os analistas de seguridade de nivel asociado que traballan en centros de operacións de seguridade (SOC).

    • Período de inscrición: 10/04/2024 - 24/04/2024
    • Proba de selección: 30/04/2024 (17:30) - Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela
    • Período de impartición do curso: 13/05/2024 - 07/06/2024
    • Modalidade: Presencial + Virtual - De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
    • Duración: 80 horas (40 presenciais + 40 aula virtuais)
    • Prazas: 16
       
  • Certified Ethical Hacker (CEH)

    O obxectivo desta formación é dominar a metodoloxía dun Hacker Ético, a cal poderá ser utilizada tanto nunha proba de intrusión como en calquera situación de hacking ético. Os/As asistentes, unha vez superado o exame correspondente, lograrán obter unha das certificacións de hacking ético de maior interese global: Certified Ethical Hacker – CEH.

    • Período de inscrición: 10/04/2024 - 24/04/2024
    • Proba de selección: 02/05/2024 (18:30) - Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela
    • Período de impartición do curso: 27/05/2024 - 07/06/2024
    • Modalidade: Presencial - De luns a xoves de 16:00 a 21:00 horas. Venres de 16:00 a 20:00.
    • Duración: 48 horas
    • Prazas: 20