Imaxe

O programa de Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica (RETECH) é unha iniciativa impulsada desde a Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial para facer realidade a transformación dixital en cada rexión de España mediante a posta en marcha de proxectos territoriais en distintos ámbitos tecnolóxicos impulsados de forma conxunta por varias Comunidades Autónomas.

No ámbito da Ciberseguridade, Galicia presentou conxuntamente con Cataluña e a Comunitat Valenciana o proxecto "Centro de Innovación e Competencia en Ciencias da Saúde, Transporte Intelixente, Industria Conectada e Excelencia Operativa", sendo este un dos seleccionados para a súa posta en marcha no marco do Programa RETECH.

A continuación poderás coñecer máis sobre as iniciativas enmarcadas neste proxecto que levan a cabo co liderado e a participación de Galicia.

Multimedia

Escoitaches falar algunha vez do ‘jailbreaking’ e do ‘rooting’?

Multimedia

Non é tan doado borrar arquivos, fotos ou vídeos dun PC ou dun móbil!

Multimedia

Chama ao 017 se te atacan os cibercarrachos

Multimedia

Se che mandan unha SMS en nome do teu ‘banco’, non fagas nin caso!

Multimedia

Aprende esta nova palabra: 'EGOSURFING'

Multimedia

Ai, o número IMEI! De cantos apertarrabos nos salva se o temos ben gardado!

Multimedia

Antes tiñamos unha “barreira” contra os ciberdelincuentes, que era o idioma, pero todo chega á súa fin.

Nova

Desde o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) ponse ao dispor da cidadanía dous cursos gratuítos, un en modalidade híbrida (presencial e en liña) e outro en liña.

Nova

No programa "A Revista" da TVG entrevistan a Inés Amor, voceira da Policía Nacional, para falar dunha nova modalidade de estafa a través de espazos en liña de segunda man que ofrecen produtos a prezos tentadores.

Nova

Desde o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) ponse ao dispor da cidadanía un curso gratuíto en modalidade presencial sobre seguridade en IoT, coa finalidade de ensinar habilidades de White Hat Hacker para a realización de avaliacións de vulnerabilidade e risco.

Nova

Desde o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia ponse ao dispor da cidadanía de forma gratuíta o seguinte curso no ámbito da ciberseguridade con opción gratuíta a realizar un exame para obter certificación oficial.

Nova

Desde o Centro de Novas Tecnoloxias de Galicia, en colaboración co SANS Institute ponse ao dispor de profesionais cualificados do sector da ciberseguridade 2 cursos gratuítos en modalidade virtual cos que obter certificados GIAC.

Nova

A comunidade galega liderará as iniciativas de ciberseguridade no transporte intelixente, e en concreto en drons, transporte marítimo, vehículos conectados e edificios intelixentes.

Nova

A Xunta de Galicia deu luz verde á construción do Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia nos terreos do Parque Tecnolóxico de Galicia, en San Cibrao das Viñas.

Nova

A iniciativa RETECH investirá 149.000.000€ para mellorar a ciberseguridade en España mediante a implantación de tres nodos de ciberseguridade.