Actividade enmarcada no contexto do Grupo de Traballo de Empresas do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas á colaboración de Pintos & Salgado, empresa adherida a CIBER.gal, e á Deputación de Pontevedra, entidade fundadora de CIBER.gal.
A actividade consistirá nunha charla sobre riscos en ciberseguridade ligados á IA dirixida a profesionais de pemes e administración pública.
O desenvolvemento da sesión seguirá a seguinte estrutura:
- Introdución: breve contextualización sobre o auxe da intelixencia artificial e o seu impacto na ciberseguridade.
- Capacidades e riscos actuais da IA: exemplos prácticos do uso de IA xenerativa e as súas implicacións en materia de seguridade: deepfakes, clonación de voz, xeración de contido malicioso.
- A IA como nova ameaza dixital: análise dos principais riscos: fraudes automatizadas, vulneración da privacidade, manipulación da información, suplantacións de identidade.
- O novo Regulamento Europeo de Intelixencia Artificial (AI Act): explicación do seu enfoque baseado en riscos, principais obrigacións legais, especial atención á IA xenerativa e protección de dereitos fundamentais.
- Recomendacións prácticas: boas prácticas no uso de ferramentas de IA e medidas preventivas fronte aos seus riscos.
- Quenda de preguntas e debate aberto.
O formato da actividade será EN LIÑA, cunha duración de 50 minutos.
As inscricións están abertas a través da seguinte ligazón:
(Intelixencia Artificial e Ciberseguridade: Novos retos, novas regulas - Deputación de Pontevedra)