Difusión e comunicación

A Amtega, en colaboración coa CRTVG, impulsa a creación de contidos audiovisuais sobre ciberseguridade e protección de datos persoais que van na liña de campañas informativas, espazos divulgativos en medios públicos como a TVG, vídeos educativos e consellos prácticos dirixidos a todos os públicos, co fin de promover un uso seguro das tecnoloxías da información e das comunicacións. Estes contidos son difundidos a través das canles televisiva, radio e outros medios dixitais coma as redes sociais.

A iniciativa desenvólvese no contexto do programa RETECH (Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica) e no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia - financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU, PRTR a través de INCIBE.

Últimas campañas de difusión

CiberseguridadeTVG

#CiberseguridadeTVG – Entrevista a Gustavo Herva, Xefe da Subárea de Seguridade de Amtega