En colaboración coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e no marco do proxecto RETECH, impúlsase a creación de talento especializado en ciberseguridade para dar resposta á crecente demanda de perfís cualificados neste sector en Galicia. Esta iniciativa formalízase a través do Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para potenciar a formación en ciberseguridade no ámbito da Formación Profesional, no contexto do programa RETECH (Redes Territoriales de Especialización Tecnolóxica) e no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia - financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU, PRTR a través de INCIBE.
Curso de especialización en ciberseguridade en contornas das tecnoloxías da información
Este curso consiste en definir e implementar estratexias de seguridade nos sistemas de información, realizando diagnósticos de ciberseguridade, identificando vulnerabilidades e implementando as medidas necesarias para mitigalas aplicando a normativa vixente e estándares do sector. Os módulos profesionais son os seguintes: incidentes de ciberseguridade, reforzo de redes e sistemas, posta en produción segura, análise forense informático, hacking ético e normativa en ciberseguridade.
Modalidade: híbrido
- Saídas laborais:
- Hacker ético/a
- Experto/a en ciberseguridade
- Auditor/a de ciberseguridade
- Consultor/a de ciberseguridade
- Duración: 720h
- Centros onde se imparte:
- Presencial:
- Ferrol - CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro
- Santiago de Compostela - IES San Clemente
- Vilagarcía de Arousa- IES Armando Cotarelo Valledor
- Marín - IES Chan do Monte
- Vigo - IES de Teis
- A distancia:
- Santiago de Compostela - IES San Clemente
- Ourense - CIFP A Carballeira Marcos Valcárcel
- A Coruña - IES Fernando Wirtz Suárez
- A Estrada - IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez
- Presencial:
- Ligazón oficial á formación
Curso de especialización en ciberseguridade en contornas das tecnoloxías de operación
Este curso consiste en definir e implementar estratexias de seguridade nas organizacións e infraestruturas industriais realizando diagnósticos de ciberseguridade, identificando vulnerabilidades e implementando as medidas necesarias para mitigalas aplicando a normativa vixente e estándares do sector. Os módulos profesionais son os seguintes: ciberseguridade en proxectos industriais, sistemas de control industrial seguros, redes de comunicacións industriais seguras, análise forense en ciberseguridade industrial e seguridade integral.
Modalidade: híbrido
- Saídas laborais:
- Experto/a en ciberseguridade
- Auditor/a de ciberseguridade
- Consultor/a de ciberseguridade
- Analista de ciberseguridade
- (Todas elas en contornas da operación)
- Duración: 720h
- Centros onde se imparte:
- Presencial:
- Lugo - CIFP Politécnico de Lugo
- Monforte: IES Francisco Daviña Rey
- Vigo - IES Ricardo Mella
- A distancia:
- Santiago de Compostela - CIFP Politécnico de Santiago
- Ourense - CIFP A Farixa
- Presencial:
- Ligazón oficial á formación