
Xa está aberto o prazo de presentación de candidaturas para a I edición dos Premios CIBER.gal, unha iniciativa impulsada no marco do Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal para recoñecer e dar visibilidade ás mellores iniciativas desenvolvidas polas súas entidades adheridas en materia de ciberseguridade en Galicia.
Xa está aberto o prazo de inscrición para a VI edición do concurso “Ciberseguridade no cole!”, dirixido a alumnado de entre 10 e 14 anos. Os centros interesados poderán rexistrarse para participar ata o 5 de outubro
No programa de hoxe de Lambóns Dixitais, Javier Mosquera volveu achegarnos a clave de actualidade no seu espazo de ciberseguridade. Con motivo da febre polo vindeiro eclipse solar, Mosquera advertiu dos perigos dixitais que medran á sombra deste tipo de eventos masivos, onde os ciberdelincuentes aproveitan calquera descoido para facer o seu propio "agosto".
O Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal celebrou a súa IV Asemblea Xeral, que contou cunha ampla participación das entidades que forman parte do seu ecosistema. Durante a sesión compartíronse os principais fitos e resultados alcanzados ao longo de 2025, así como as liñas de actividade que marcarán a actividade do Nodo este ano
PuntoGal, entidade adherida ao Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, realiza o lanzamento dun novo espazo web orientado a mellorar a ciberseguridade da cidadanía. A iniciativa desenvólvese en colaboración coa Global Cyber Alliance e alíñase cos obxectivos de CIBER.gal de sensibilización, prevención e capacitación da sociedade galega fronte aos riscos dixitais.
O Igape mobilizará ata 1,5 millóns de euros para proxectos de preparación fronte ás ciberameazas nas empresas galegas.
Xa está aberto o prazo de inscrición para participar na V edición do Encontro Galego de Ciberseguridade, CIBER.gal, que se celebrará os días 5, 6 e 7 de novembro no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia.
Os próximos 22 e 23 de outubro de 2025, a Cidade da Cultura de Galicia será o escenario do Espazo CIBERGalicia, un congreso organizado pola Cátedra de Economía da Ciberseguridade (CECOCIB) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) en colaboración con INCIBE.
Está dirixido a alumnado de 5º e 6º de primaria e de 1º e 2º da ESO e os centros educativos interesados en participar poden inscribirse ata o 6 de outubro.
Durante o curso académico 2024-2025, 479 persoas de 27 aulas CeMIT de toda Galicia acudiron a estas charlas promovidas desde a Amtega e desenvolvidas de maneira presencial na Rede de Aulas CeMIT.