Mesa redonda 'Retos da compartición de datos entre administracións'

10:15 - 11:30

Sala 8 do Edificio Fontán (Cidade da Cultura, Santiago de Compostela)
Caducado
Imaxe

 

Prazas limitadas. A inscrición ao evento é gratuita e está dispoñible nesta ligazón:

INSCRICIÓN

Nunca antes fora tan valiosa (nin tan fráxil) a información que xestionan as nosas administracións: ciberataques, filtracións e desconfianza cidadá son xa ameazas cotiás. E, ao mesmo tempo, os datos que poderían axudarnos a deseñar mellores políticas están dispersos entre organismos tributarios, laborais, demográficos ou financeiros. Como combinalos sen crebar a legalidade do RGPD? Como aproveitar ese potencial sen poñer en risco a privacidade? Como poden os avances en aprendizaxe federada formar parte da solución? 

Nesta mesa redonda, organizada coa colaboración dos proxectos TRUFFLES e PROPAGATE, abordaremos estes retos e as súas solucións.  

Modera: Fernando Pérez González - Catedrático do Departamento de Teoría da Sinal e Comunicacións (Universidade de Vigo)

Participan:

  • David Pérez - Xefe da unidade de estudos do Servizo de Estudos Fiscais e Estatísticos (Axencia Estatal de Administración Tributaria)
     
  • María Esther López - Xefa de Servizo de Difusión e Información (Instituto Galego de Estatística)
     
  • Alberto Pedrouzo - Investigador postdoctoral en ciberseguridade (atlanTTic, Universidade de Vigo)

Información relacionada