Rede de Laboratorios e Centros Demostradores de Ciberseguridade da Xunta de Galicia

Está composto por dous laboratorios complementarios. Por un lado, o Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade en Produtos con Elementos Dixitais e, por outro,  o Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial​. Ámbolos dous traballarán de maneira coordinada para dar resposta aos principais retos da ciberseguridade en Galicia, a través das seguintes liñas de acción principais:

  • Avaliación da ciberseguridade e contornos de proba

  • Asesoramento especializado para o cumprimento normativo

  • Capacitación e concienciación en ciberseguridade

  • Observatorio no ámbito da ciberseguridade

  • Dinamización do ecosistema

Situaranse inicialmente e de xeito temporal na Cidade da Cultura de Galicia e, de xeito definitivo no Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia (CECIGA) en San Cibrao das Viñas (Ourense). 

Queres coñecer como transformamos o panorama dixital e a ciberseguridade en Galicia? Ven coñecernos

Os laboratorios de ciberseguridade non son só unha contorna de probas de alta tecnoloxía, se non tamén un punto de encontro para empresas, administracións, profesionais e cidadanía que buscan liderar a transformación dixital segura na nosa rexión. Reserva unha visita para coñecelos de primeira man.
Imaxe dunha oficina con bench longo e cadeiras
Imaxe dunha oficina con bench longo e cadeiras

Actualidade

A Amtega celebrará o martes 30 de xuño, de 9:30 horas a 14:30 horas, a xornada de inauguración do Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade da Xunta de Galicia

Un ciberataque non avisa. Estás preparado/a para responder?

Axenda

09:30 - 14:30

Sala Eisenman, Edificio CEM, Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela
Caducado

09:30 - 11:30

sede de AEVA – Casa Grande de Viloira, Avenida Otero Pedrayo, 11. Barco de Valdeorras (Ourense)
Caducado

09:00 - 14:10

R. de García Barbón, 17-19, Santiago de Vigo, 36201 Vigo, Pontevedra, España
Caducado

Ecosistema

Os laboratorios e centros demostradores de ciberseguridade de Galicia non son un ente illado, senón que forman parte dun ecosistema tecnolóxico vivo e en constante evolución. Descubre as tendencias e os feitos que definen o presente e o futuro da seguridade dixital en Galicia e na contorna europea.
Imaxe ilustrativa dunha rede de conexión
Imaxe ilustrativa dunha rede de conexión