O laboratorio e centro demostrador de ciberseguridade industrial ten como finalidade fortalecer a protección das infraestruturas e dos procesos produtivos fronte ás ameazas dixitais, promovendo un ecosistema industrial máis seguro, resiliente e innovador.
Este espazo actúa como un centro de experimentación, validación e demostración de tecnoloxías de ciberseguridade aplicadas ao ámbito industrial, combinando capacidades de investigación, ensaio e formación especializada.
Obxectivos
O laboratorio e centro demostrador de ciberseguridade industrial ten como obxectivo crear un contorno avanzado para deseñar, probar e demostrar solucións de ciberseguridade aplicadas ao sector industrial. A través de tecnoloxías, contornos de simulación e servizos especializados, búscase mellorar a protección dos sistemas industriais, fomentar a innovación e fortalecer o ecosistema galego de ciberseguridade.
-
Avaliar vulnerabilidades, riscos e ameazas en contornos industriais mediante probas e simulacións.
-
Desenvolver e validar solucións tecnolóxicas que melloren a resiliencia e seguridade dos sistemas industriais.
-
Impulsar a capacitación e concienciación en ciberseguridade industrial mediante formación práctica e contornos reais.
-
Facilitar o cumprimento normativo e o asesoramento especializado en estándares e regulacións de ciberseguridade.
-
Analizar tendencias, ameazas e oportunidades do sector a través dun observatorio de ciberseguridade industrial.
-
Fomentar a colaboración entre empresas, administracións públicas, centros educativos e expertos do ecosistema.
-
Difundir e dinamizar o coñecemento en ciberseguridade industrial mediante actividades, demostracións e visitas técnicas.
Ámbitos de actuación
O laboratorio e centro demostrador de ciberseguridade industrial desenvolverá actividades orientadas á protección, innovación e fortalecemento do ecosistema industrial galego mediante a avaliación e demostración de solucións de ciberseguridade, a detección de vulnerabilidades, o asesoramento normativo, a formación especializada, a investigación aplicada, a análise de tendencias e a dinamización do sector a través da colaboración, a difusión e a transferencia de coñecemento.
Solucións de ciberseguridade
Detección de vulnerabilidades
Asesoramento normativo
Formación especializada
Inestigación aplicada
Análise de tendencias
Dinamización sectorial
Transferencia de coñecemento
Descargas
Accede á nosa biblioteca de guías prácticas, informes de tendencias e documentación técnica. Ferramentas deseñadas para facilitar a adopción de boas prácticas de ciberseguridade en todo o territorio.
O Catálogo de boas prácticas e controis de seguridade para contornos ICS/OT do Observatorio de Ciberseguridade Industrial ofrece unha guía estruturada para apoiar a selección, priorización e implantación progresiva de medidas de ciberseguridade en organizacións con sistemas industriais.
O Informe de Intelixencia de Ameazas OT – II do Observatorio de Ciberseguridade Industrial ofrece unha análise estruturada do panorama actual de ameazas con impacto potencial sobre contornos industriais (ICS/OT), combinando intelixencia especializada, análise de actores de ameaza e recomendacións orientadas á resiliencia operativa.
O Informe de Ciberalertas – II do Observatorio de Ciberseguridade Industrial ofrece unha visión práctica sobre a priorización de vulnerabilidades en contornos industriais (ICS/OT). Esta segunda entrega céntrase en como tomar decisións eficaces nun escenario no que o volume de vulnerabilidades publicadas supera amplamente a capacidade real de parcheo das organizacións.
Axenda
09:30 - 14:30
09:00 - 13:30