O Informe de Riscos Tecnolóxicos do Observatorio de Ciberseguridade Industrial analiza os principais riscos que afectan aos contornos industriais nun contexto de crecente converxencia IT/OT/IoT. O documento aborda estes riscos desde unha perspectiva técnica, organizativa e estratéxica, tendo en conta tanto a súa orixe como o seu impacto sobre a operación e a continuidade dos procesos.
Dende a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), poñemos á disposición das organizacións e profesionais do sector industrial esta Guía Normativa de Ciberseguridade Industrial, elaborada para facilitar a comprensión e o cumprimento do marco regulatorio vixente en materia de ciberseguridade OT.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publica este informe no marco do Observatorio de Ciberseguridade Industrial, coa finalidade de conectar o ecosistema galego coas principais oportunidades de financiamento e cooperación en I+D+i nos ámbitos autonómico, estatal e europeo. O documento ofrece unha visión estruturada e accesible dun panorama de axudas de especial relevancia para empresas, centros tecnolóxicos, universidades e administracións públicas que desenvolven actividade en ciberseguridade industrial e transformación dixital.
O Observatorio de Ciberseguridade Industrial da Xunta de Galicia publica o primeiro número do seu Informe de Ciberalertas, elaborado por Amtega no marco do Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial. Esta publicación trimestral ofrece unha análise estruturada das vulnerabilidades e alertas máis relevantes para contornas ICS/OT, combinando fundamentos conceptuais con información práctica e directamente accionable para empresas e administracións públicas.