Cursos para profesionais

Co obxecto de impulsar a capacitación en ciberseguridade no eido empresarial e profesional, promóvense, a través do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, as formacións gratuítas que se expoñen deseguido, co propósito de reforzar o coñecemento dos profesionais neste ámbito.

Esta iniciativa formalízase mediante o Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para potenciar a formación en materia de ciberseguridade no ámbito da adquisición de competencias en empresas no contexto do Programa RETECH (Redes Territoriales de Especialización Tecnológica) e no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia - financiado pola Unión Europea - NextGeneration, PRTR a través de INCIBE.

Datas realización curso
20/10 - 28/11/2025

CCNP Enterprise: Advanced Routing (CCNP ENARSI v8) - 2ª edición

Este curso enfocase no programa Cisco Networking Academy, centrado na configuración, administración e resolución de problemas en redes empresariais avanzadas.

Con certificación
Si
Datas realización curso
08/09 - 17/10/2025

Cisco Network Security - 2ª edición

Este curso enfocase na seguridade en redes que aborda tecnoloxías de protección de dispositivos,  comunicacións seguras, cifrado, firmas dixitais e infraestruturas de clave pública.

Con certificación
Non
Cursos para profesionais
Datas realización curso
23/06 - 04/07/2025

Seguridade en IoT

Este curso proporciona aos participantes as habilidades para abordar os riscos de seguridade nos dispositivos IoT mediante a avaliación de vulnerabilidades e a implementación de estratexias de mitigación.

Con certificación
Non
Cursos para profesionais
Datas realización curso
16 - 25/06/2025

Certified Information System Auditor (CISA)

Este curso ten como finalidade preparar aos profesionais en auditorías de sistemas de información e xestión de seguridade.

Con certificación
Si
Cursos para profesionais
Datas realización curso
26/05 - 20/06/2025

Cisco CCNA Cyberops Associate

Este curso capacita ao alumnado para detectar, analizar e responder a ameazas como a ciberdelincuencia, ciberespionaxe ou as ameazas persistentes.

Con certificación
Non
Cursos para profesionais
Datas realización curso
09 - 14/06/2025

FOR508: Advanced Incident Response, Threat Hunting, and Digital Forensics - 2ª edición

Este curso ensina habilidades avanzadas de caza de ameazas e resposta a incidentes, permitindo ao alumnado identificar, contrarestar e recuperarse de ataques en redes empresariais.

Con certificación
Si
Cursos para profesionais
Datas realización curso
02 - 13/06/2025

Certified Computer Hacking Forensic Investigator (CHFI) - 2ª edición

Este curso proporciona información especializada en investigación forense dixital, capacitando ao alumnado das ferramentas e técnicas necesarias para analizar evidencias como a Dark Web, IoT e Cloud.

Con certificación
Si
Cursos para profesionais
Datas realización curso
12 - 21/05/2025

Certified Information Security Manager (CISM) - 2ª edición

Este curso enfocase na xestión da seguridade da información e orientase na preparación para a obtención da certificación CISM de ISACA, recoñecida internacionalmente.

Con certificación
Non
Cursos para profesionais
Datas realización curso
03 - 28/03/2025

Formación en Hacking Ético e Certificación Red Team Certified Professional

Este curso ofrece unha formación completa e práctica en Hacking Ético, dividida en módulos especializados sobre hacking en sistemas, hacking ético web e post-explotación, con sesións de adestramento intensivo e un exame final de certificación RTCP.

Con certificación
Si
Cursos para profesionais
Datas realización curso
17 - 28/03/2025

Certified Secure Software Lifecycle Professional (CSSLP) - ISC2

Este curso capacita aos profesionais do sector TIC para aplicar boas prácticas no desenvolvemento do software. Neste curso o alumnado poderá obter a certificación CSSLP de ISC2.

Con certificación
Si
Cursos para profesionais