A Cátedra Economía da Ciberseguridade USC-INCIBE presentará o seu novo informe: “A normativa de Protección de Datos fronte á recente normativa europea sobre sociedade dixital”. Un espazo de análise e reflexión sobre:
- Protección de datos fronte á IA
- Claves de xestión en Ciberseguridade
- Intelixencia Artificial na Administración Pública de Galicia
Interveñen:
- Jose Julio Fernandez Rodriguez– Catedrático de Dereito Constitucional (USC)
- Purificación Cariñena Amigo – Profesora de Ciencia da Computación e IA (USC)
- Anxo Varela Hernández – Profesor de Dereito Administrativo (USC)
Un encontro para entender o presente e futuro legal da sociedade dixital.