10:00 - 13:00
O obxectivo deste curso é proporcionar capacidades para avaliar a seguridade dos sistemas informáticos co fin de identificar vulnerabilidades e riscos de seguridade e mellorar a capacidade de detección e resposta ante un incidente de ciberseguridade mediante a análise dos diferentes elementos/artefactos existentes nos sistemas implicados. Ademais, os alumnos/as comprenderán a importancia dos sistemas de decepción e honeypots como elementos de securización nas infraestruturas actuais, así como aprender a facer despregue dos mesmos.