Curso CNTG FOR508: Advanced Incident Response, Threat Hunting, and Digital Forensics

09:30 - 18:00

Caducado
Imaxe

As tácticas e procedementos de caza de ameazas e resposta a incidentes evolucionaron rapidamente nos últimos anos. O seu equipo xa non pode permitirse utilizar técnicas anticuadas de resposta a incidentes e caza de ameazas que non identifican correctamente os sistemas comprometidos. A clave está en buscar constantemente ataques que burlen os sistemas de seguridade e en atrapar as intrusións en curso, en lugar de facelo despois de que as/os atacantes completen os seus obxectivos e causen danos peores á organización. Para o persoal de resposta a incidentes, este proceso coñécese como "caza de ameazas". FOR508 ensina habilidades avanzadas para cazar, identificar, contrarrestar e recuperarse dunha ampla gama de ameazas dentro das redes empresariais, incluíndo adversarios APT nación-estado, sindicatos do crime organizado e operadores de ransomeware.

  • Modalidade: En liña (mañá e tarde)
  • Período de inscrición: 05/05/2025 - 18/05/2025

Información relacionada