Cybersecurity Summer BootCamp

León
Imaxe

O Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) e a Organización dos Estados Americanos (OEA) organizan anualmente o Cybersecurity Summer BootCamp, un programa internacional de capacitación especializado en ciberseguridade, que está dirixido a Forzas e Corpos de Seguridade (FCS), Ministerio Fiscal, xuíces e maxistrados, formuladores de políticas e especialistas de Centros de Resposta a Incidentes Cibernéticos (CSIRT).

Este ano 2024 levarase a cabo a novena edición do evento do 8 ao 18 de xullo en León, que recupera o formato presencial.

É unha actividade gratuíta e compoñerase dun seminario maxistral de tres horas de duración para todos os profesionais e varios obradoiros formativos de 5 horas de duración, impartidos en horario de mañá e pensados para os diferentes colectivos: investigación policial; operacións CSIRTs; fiscais; xuíces e maxistrados; e actores políticos, reguladores, lexislativos ou ciberdiplomáticos.

O prazo para a inscrición xa está aberto e rematará o 18 de abril.