Demostrador - POSEIDON: Xestión e Ciberseguridade do Ciclo Integral da auga

10:00 - 18:00

Sala 10 do Edificio Fontán, Cidade da Cultura de Santiago de Compostela
Caducado
Imaxe

Os días 5 e 6 de novembro, no marco do V Encontro CIBER.gal, poderase visitar o demostrador “POSEIDON: Xestión e Ciberseguridade do Ciclo Integral da auga” na Sala 10 do Edificio Fontán da Cidade da Cultura, en horario de 10h a 18h de forma continuada.

Neste demostrador poderase visitar unha maqueta real do proxecto POSEIDON, unha plataforma de ciberseguridade deseñada por Tecdesoft xunto con InprOTech e impulsada por INCIBE, para protexer de forma non intrusiva as infraestruturas do ciclo integral da auga. O seu obxectivo é unificar a xestión de sistemas instrumentados e procesos (supervisión, control e operación de todos os activos do sector) coa monitorización continua da ciberseguridade en todos os fluxos de información.


POSEIDON recompila datos tanto dos procesos físicos e químicos como das redes de comunicación, e combina regras programáticas con algoritmos de Machine Learning e Intelixencia Artificial. Con iso, mellora a detección temperá de ciberataques e a capacidade de resposta ante incidentes.

Ao integrar a análise de comunicacións coa vixilancia de parámetros operativos, POSEIDON identifica desviacións que poidan afectar á integridade e calidade da auga, permitindo actuar de forma preventiva e coordinada. Deste xeito, ofrece unha visión holística de ciberseguridade e operación, mellora a detección temperá de ciberataques e reduce o tempo de resposta, reforzando a resiliencia dun servizo crítico.

Para esta actividade non é necesaria a inscrición para asistir. Só é preciso achegarse á sala correspondente no horario establecido