Todo o día
Pola mañá realizarase un coloquio a través dunha multiconferencia web na que participarán 4 profesionais galegas que traballan a diario coa tecnoloxía.
Pola tarde levaranse a cabo varios talleres tecnolóxicos dirixidos a nenas e nenos de entre 10 e 16 anos no CESGA, ademais de xogos e visitas ao supercomputador Finisterrae III e ao computador cuántico Qmio.
Modalidade: Presencial / En liña