ENS Challenge, competición de formación sobre o Esquema Nacional de Seguridade

Imaxe

O Centro Criptológico Nacional (CCN) desenvolveu a plataforma ENS Challenge, unha nova ferramenta interactiva que ten como obxectivo formar aos participantes no Esquema Nacional de Seguridade. Este recurso permite medir os coñecementos sobre a materia e, no seu caso, aprender e asentar outros aspectos do propio ENS.

A plataforma cubrirá as cinco áreas principais do Esquema Nacional de Seguridade: Essentials, Plan de Adecuación, Auditoría/Vixilancia, Roles e Gobernanza, e Cadea de Subministración.

Realizarase un recoñecemento especial ao gañador do ENS Challenge. Ademais, os 10 primeiros clasificados recibirán un obsequio.

Información relacionada