Está a túa empresa preparada ante un ciberataque?

10:00 - 13:00

AE Deza - Rúa Otero Pedrayo, nº 24 (baixo). Lalín (Pontevedra)
Imaxe

A Asociación de Empresari@s de Deza e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia organizamos este xoves, día 28 de maio, entre as 10.00 e as 13.00 horas, unha xornada práctica e participativa sobre ciberseguridade para que empresarios, directivos e traballadores de empresas que poidan verse afectadas por un ciberataque estean preparados e saiban como reaccionar, chegado o caso.

 

Programa

 

  • 10.00 – 10.15 h Inauguración e presentación da xornada | AEDeza 
  • 10.15 – 10.35 h Presentación laboratorio e centro demostrador de ciberseguridade industrial de Amtega | Jose A. Cascallana, director laboratorio IC 

  • 10.35 – 11.00 h Demostrador ciberseguridade industrial práctica sobre contorna real: así de doado paralizan a túa produción. Uso de maqueta demostrador | Equipo técnico do laboratorio Amtega 

  • 11.00 – 12.00 h Caso práctico e participativo cos asistentes: está a túa empresa preparada para reaccionar a un ciberataque? 

  • 12.00 – 12.20 h Pausa café. 

  • 12.40 – 12.55 h Debate, preguntas, conclusións | Todos os asistentes. 

  • 12.55 – 13.00 h Peche xornada | AEDeza


Prazas limitadas.

 

Información relacionada