09:00 - 19:00
🔐Interésache a ciberseguridade e queres enfrontarte a retos reais desde diferentes perspectivas? Pon a proba as túas habilidades. Compite. Aprende. Destaca.
🚀 Sobre o Hackathon
O Hackathon de Ciberseguridade, organizado por Telefónica enmarcase dentro do: Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade en Produtos con Elementos Dixitais da Xunta de Galicia, un proxecto realizado pola Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia).
Reúne estudantes universitarios, de mestrados e outras persoas interesadas para traballar en equipo e dar resposta a retos reais formulados polas entidades: Pescanova e SERGAS.
Os retos estarán centrados na análise, mellora e proposta de solucións en ámbitos relacionados coa ciberseguridade en produtos e servizos dixitais, combinando enfoques técnicos, organizativos e de negocio.
Durante unha xornada, as persoas participantes poñerán en práctica os seus coñecementos, aprenderán de persoas expertas e vivirán unha experiencia inmersiva.
👥 Quen pode participar?
Estudantes universitarios, de mestrados e calquera persoa interesada, tanto de perfís técnicos (enxeñaría, informática, datos…) como non técnicos (empresa, dereito, comunicación…).
A diversidade de perfís será clave para afrontar os retos desde diferentes perspectivas.
💬 Por que participar?
Porque non é só un evento: é unha oportunidade para enfrontarte a desafíos reais, aprender e demostrar do que es capaz nun contorno profesional.
🧠 Que levarás contigo?
Resolverás un reto real de dúas entidades de primeiro nivel
Traballo en equipo nun contorno dinámico
Aprendizaxe xunto a profesionais do sector
Saírás cunha experiencia diferencial no teu CV
Aplicarás os teus coñecementos nun contorno práctico
Oportunidade de formar parte dun programa de emprendemento