Intelixencia e ciberameazas

20:00 - 22:00

Casa da Cultura ADR Castelao Plaza do Concello, nº 4, Salceda de Caselas
Imaxe

«Preparando ás pemes galegas para os novos desafíos: ciberseguridade e cumprimento normativo» é unha iniciativa que ten como finalidade concienciar e capacitar ao tecido empresarial galego en materia de ciberseguridadprincipalmente ofrecendo sesións formativas e divulgativas que dean resposta ás necesidades reais das pemes en relación coa protección da información, o cumprimento normativo e os novos retos tecnolóxicos.

Nesta sesión sobre a «Intelixencia e ciberameazas: entendendo os novos retos e desafíos» faremos unha aproximación clara e práctica do impacto da intelixencia artificial na seguridade dixital e nos novos riscos tecnolóxicos. 

A formación permitirá comprender que é a IA, como está a transformar a sociedade e cal é o marco regulador europeo que busca garantir un uso ético, transparente e responsable destas tecnoloxías.
Durante a formación analizarase como a intelixencia artificial se emprega tanto para reforzar a protección dos sistemas e detectar ameazas como para desenvolver novas formas de ciberdelincuencia e fraude digtal. Ademais, ofreceranse exemplos prácticos para aprender a identificar contidos falsos xerados mediante IA, como mensaxes, correos electrónicos ou campañas de suplantación cada vez máis realistas e convincentes, proporcionando recomendacións básicas para mellorar a prevención e a seguridade no día a día.