Novas convocatorias CL3 Seguridade Civil para a sociedade

10:00 - 12:45

Sede da Autoridade Portuaria da Coruña (Avenida da Marina 3, A Coruña)
Imaxe

O vindeiro 16 de abril, Sede da Autoridade Portuaria da Coruña, a Axencia Galega de Innovación organizan unha xornada de presentación das convocatorias en materia de seguridade encadradas no Cluster 3 do Programa Horizonte Europa (HE).

Estas convocatorias financiarán unha ampla variedade de actividades, que inclúen o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas (xestión e tratamento de datos, ciberseguridade, robótica, infraestruturas dixitais, IoT, etc), loxísticas, enerxéticas (mobilidade, eficiencia) ou baseadas en drons, así como a posta en marcha de novas prácticas de comunicación, o deseño de materiais e infraestruturas (industriais e urbanas) ou o tratamento de residuos especiais. A aplicación destes desenvolvementos debe centrarse na seguridade civil, a resposta a desastres naturais, a mellora da convivencia social ou a loita contra o terrorismo e outras ameazas.

A xornada terá lugar en formato unicamente presencial e contará coa participación de Marina Martínez García, Punto Nacional de Contacto do CDTI para o Cluster 3 de HE. Durante a sesión tamén se presentarán os principais retos da seguridade en Galicia, así como os topic do Programa de Traballo que maior interese para os participantes.

Información relacionada