Pantallas abertas: ciberseguridade sen filtros

Imaxe

17:00 - 20:00

Auditorio Reveriano Soutullo. R. Doctor Fernández Vega, s/n (Ponteareas)

«Pantallas abertas: ciberseguridade sen filtros» é unha experiencia que combina o visionado dun documental cunha sesión formativa posterior na que exploraremos os retos do mundo dixital actual.

A través desta actividade achegarémonos de forma clara e práctica a cuestións clave como a privacidade, a desinformación, a seguridade en liña ou o uso responsable da tecnoloxía para entender mellor como nos afecta no día a día.

Unha proposta pensada para axudarche a navegar con máis criterio, seguridade e conciencia. 

Prazas limitadas. Reserva agora a túa!

Información relacionada