Todo o día
Neste curso presentaranse os conceptos xerais e as metodoloxías relacionadas coas probas de penetración e o alumnado realizará unha proba de penetración simulada para unha empresa ficticia.
Número de prazas limitado a 20 prazas.
Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 19 de febreiro ás 19:30 realizarase unha proba de selección presencial no CNTG en Santiago de Compostela.
A duración do curso será de 35 horas.
O curso desenvolverase do 3 ao 14 de marzo, cun horario de luns a venres de 16:30h a 20:00h.
A matrícula é gratuíta e inclúe o diploma de asistencia e a opción gratuíta de presentarse ao exame de certificación oficial PT0-002 - CompTIA Pentest+ Certification (en inglés).