Todo o día
Este curso ten como obxectivo facilitar ao alumnado puntos de partida sólidos en Hacking Ético, tanto a nivel sistemas en xeral (Windows ou UNIX), web, así como un alto nivel de especialización en ataques a redes Microsoft modernas.
Número de prazas limitado a 20 prazas.
Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 19 de febreiro ás 18:30 realizarase unha proba de selección presencial no CNTG en Santiago de Compostela.
A duración do curso será de 128 horas.
O curso desenvolverase cun horario de de 16:00h a 21:00h os seguintes días:
Marzo: dos días 3 ao 6, dos días 17 ao 20 e o día 31.
Abril: dos días 1 ao 3 e dos días 21 ao 24.
Maio: dos días 5 ao 8 e dos días 12 ao 15.
A matrícula é gratuíta e inclúe o diploma de asistencia e a opción gratuíta de presentarse ao exame de certificación oficial RTCP: Red Team Certified Professional o 28 de maio de 14:00h a 22:00h de maneira presencial.