Prepárate para un Nadal Ciberseguro

10:00 - 11:30

Vigo (Pontevedra)

A través dun enfoque práctico e accesible, as persoas participantes coñecerán os principais riscos que poden xurdir durante o período de Nadal, especialmente no contexto das compras en liña, as promocións e as ofertas que se multiplican nestas datas.

Co obxectivo de aprender a identificar estes sinais de alerta e coñecer pautas sinxelas para mercar e navegar de forma máis segura, a Amtega coa colaboración da Rede CeMIT poñen en marcha o novo ciclo formativo «Prepárate para un nadal ciberseguro».

Ao longo desta formación abordaranse situacións habituais como o Black Friday, as falsas ofertas e promocións, os sorteos fraudulentos, as tendas en liña falsas ou as mensaxes relacionadas con pedidos e entregas. Tamén se explicarán as principais técnicas empregadas para enganar ás persoas usuarias e ofreceranse recomendacións para realizar compras de forma máis segura, comprobar a fiabilidade das páxinas web e evitar fraudes.

Información relacionada