CNTG, Rúa De Airas Nunes, S/n, Santiago De Compostela
Este curso, dirixido a profesionais de áreas funcionais interesados na adquisición de coñecementos básicos de implantación de IA Xenerativa nos procesos do ciclo de vida do desenvolvemento seguro. ten os seguintes obxectivos:
- Dar unha breve Introdución ao concepto de IA Xenerativa e dificultades asociadas.
- Repasar posibles casos de uso da IA Xenerativa nos procesos.
- Repasar consideracións á hora de incluír este tipo de tecnoloxías aos procesos.
- Mostrar un caso de uso concreto no que se aplica a solución de IA Xenerativa para a análise de seguridade.
- Axudar a comprender a importancia da incorporación de novas tecnoloxías aos procesos co obxectivo de avanzar cara a unha eficiencia operativa.
O relator da xornada será Rodrigo Rey Duarte, Graduado en Enxeñería informática na Universidade de Santiago de Compostela, con especialización no Ciclo de Vida de Desenvolvemento Seguro. Actualmente é Lead Architect da área de Data Ciberseguridade de NTTData.
- Modalidade: Presencial
- Periodo de inscrición: 30/06/2025 - 16/07/2025