16:30 - 20:30
O obxectivo deste seminario é presentar diferentes alternativas para a interconexión segura de redes a través de Internet. Para isto presentarase a tecnoloxía IPsec e amosarase como configurala en routers Cisco, plantexando diferentes alternativas. Partirase dunha topoloxía sinxela punto a punto e, a continuación, presentarase unha topoloxía multipunto que incorporará distintos desafíos que se resolverán durante a sesión.
O relator será Manuel Bustabad Alonso, experto en IPsec e docente colaborador de Academia Postal no programa Cisco Networking Academy.