Xornada ciberdelitos no ámbito empresarial

10:30 - 12:00

Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apoio á Empresa (CERSIA), rúa Alcalde Raimundo López Pol, Santiago de Compostela
Caducado
Imaxe

Unha xornada no CERSIA aportará aos empresarios as ferramentas axeitadas para combater os ciberdelitos. Coñecerán as principais estafas, como o fraude do CEO, o empregado fiel, o ransomware ou o Business Email Compromise, a través de casos reais co obxecto de dar seguridade as súas empresas

Celebrarase o mércores, de 10:30 a 12:00 horas, organizada polo CPEIG e a Comisaría da Policía Nacional de Santiago

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Comisaría da Policía Nacional de Santiago organizan este mércores, 21 de maio, unha xornada sobre ciberdelitos no ámbito empresarial. O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, e o inspector xefe da Policía Nacional, Santiago Reboyras, impartirán a charla no Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apoio á Empresa (CERSIA) de 10:30 a 12:00 horas.

As empresas convertéronse en obxectivos prioritarios para os ciberdelincuentes. O auxe das estafas, como o fraude do CEO, o empregado fiel, o ransomware ou o Business Email Compromise, ademais doutras na enxeñaría social, están poñendo en xaque a seguridade e a continuidade de numerosos negocios. 

Así, o obxecto da xornada será dar a coñecer os principais tipos delituosos na contorna corporativa e concienciar, formar e dotar aos profesionais de ferramentas eficaces fronte a estas ameazas. “A prevención e detección de ciberdelitos, e a resposta a dar ante ameazas dixitais son as claves que deben manexar as empresas para protexerse de posibles delitos dixitais”, sinala Fernando Suárez.

Na xornada, dirixida a empresarios, responsables de sistemas, persoal administrativo e calquera profesional implicado na xestión dixital da empresa, expoñeranse casos reais e as súas consecuencias legais, económicas e reputacionais, ademais de dar a coñecer as medidas de prevención e protocolos de actuación.