Todo o día
Baixo o lema España: nación ciber, nación global, a sede de León do INCIBE (Avenida José Augado, 41), acollerá unha xornada orientada a fomentar o crecemento das empresas de ciberseguridade españolas e a súa expansión cara ao exterior.
A xornada encádrase dentro do Plan Estratéxico 2021-2025 de INCIBE, que ten entre os seus obxectivos o impulso da industria española de ciberseguridade e o fomento de España como nodo internacional nesta disciplina.
A entrada será gratuíta ata completar o aforo, e ademais será retransmitida por streaming a través da canle de Youtube do Instituto.