09:10 - 12:30
A Lei de Ciberresiliencia (CRA) mellora as normas de ciberseguridade dos produtos que conteñen un compoñente dixital, esixindo a fabricantes e minoristas que garantan a ciberseguridade durante todo o ciclo de vida dos seus produtos, de cara a protexer a particulares e empresas que os merquen e utilicen. Así, trata de determinar que produtos son ciberseguros e como configuralos de forma segura.
Isto, por tanto, ten consecuencias para todas aquelas empresas e persoas desenvolvedoras de software e hardware. Cales son? Que repercusións ten non aplicar esta Lei? A quen acudir en caso de dúbidas?
Presentación e dinamización da xornada por parte de Marcus Fernández, Webmaster da revista de tecnoloxía en galego Código Cero.
Modalidade: Presencial no centro GaiásTech e en streaming