Eventos

09:00 - 14:00

Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela

O Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade en Produtos con Elementos Dixitais da Xunta de Galicia organiza un encontro técnico en colaboración con CrowdStrike, no que fabricantes, expertos e usuarios compartirán coñecemento arredor das tendencias, solucións e casos de uso vinculados á ciberseguridade.

Todo o día

Kinépolis Ciudad de la Imagen, Madrid

As Xornadas STIC, organizadas polo Centro Criptológico Nacional (CCN) do Centro Nacional de Intelixencia (CNI), o Mando Conxunto do Ciberespazo (MCCE) e RootedCON, alcanzan este ano a súa vixésima edición baixo o lema “IA ofensiva e ameaza cuántica: cara a unha nova ciberseguridade”.