No contexto da Iniciativa Estratéxica de Compra Pública de Innovación (IECPI) de INCIBE, 12 entidades galegas foron adxudicatarias para levar a cabo proxectos de investigación e desenvolvemento en materia de ciberseguridade que axuden a impulsar a I+D+i e a creación de produtos e solucións de ciberseguridade, así como afrontar os grandes retos sociais relacionados con este ámbito como reducir a fenda dixital, ou mellorar os servizos públicos.
A IECPI está dotada cun orzamento global de 224 millóns de euros, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) co financiamento dos Next Generation EU e está asociada ao Compoñente 15. Investimento 7 Ciberseguridade: Fortalecemento das capacidades de cidadáns, PEMES e profesionais e impulso do sector. Trátase da maior iniciativa mundial de Compra Pública precomercial coa que se xerarán solucións e produtos de I+D+i en ciberseguridade.
Así, esta iniciativa representa unha oportunidade para que o tecido empresarial galego ao redor da ciberseguridade consiga demostrar a súa madurez e logre impulsar a súa innovación e competitividade a nivel nacional no ámbito da ciberseguridade. Neste sentido, as adxudicacións distribuíronse en 3 convocatorias de Compra Pública Precomercial, das cales xurdiron 21 proxectos entre 12 entidades galegas:
En total, adxudicáronse máis de 30 millóns de euros para financiar os 21 proxectos nados do ecosistema de ciberseguridade galego.
Para máis información sobre a Compra Pública de Innovación impulsada desde INCIBE e as súas próximas convocatorias, podes acceder á seguinte ligazón: https://www.incibe.es/industria-cpi