Abanca advirte aos seus usuarios sobre as ciberestafas

Imaxe
El Español

Tras as últimas vagas de ciberestafas mediante vishing e smishing contra clientes de entidades bancarias, Abanca ven de poñer en marcha unha campaña informativa na que alerta aos seus usuarios acerca deste tipo de fraudes e proporciona consellos para gozar dunha experiencia máis segura coa banca en liña.

Entre as recomendacións máis relevantes indícase que a entidade non chama para solicitar datos de tarxetas nin envía ligazóns, e anima a desconfiar das solicitudes inusuais e que tentan que a persoa destinataria actúe con rapidez e sen reflexionar.

Un trazo distintivo destes ataques é que tentan conseguir información, tanto persoal como datos críticos da tarxeta: data de caducidade, código de verificación (CVV)...

Calquera usuario que reciba unha comunicación por calquera medio (correo electrónico, chamada telefónica ou SMS) supostamente procedente dunha entidade bancaria e na que lle pidan este tipo de datos, debe ignorar a petición.

Información relacionada