O Programa Europa Dixital (DEP), que propón unha liña de financiación centrada na dixitalización das entidades, vén de abrir unha nova convocatoria para a recepción de propostas relacionadas co despregue de accións de ciberseguridade. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o martes 26 de marzo de 2024.
Se cres que pode ser de interese para a túa empresa, podes consultar toda a información relacionada nos pregos da convocatoria.
E cales son os pasos para facer unha solicitude?
Localiza a liña específica á que te queres presentar a través do portal de Oportunidades de Financiamento e Licitación, na páxina de Temas da sección de busca de financiamento e licitacións (Search Funding & Tenders section). Para atopala máis facilmente introduce no buscador o código da convocatoria: DIGITAL-ECCC-2024-DEPLOY-CYBER-06.
Analiza detalladamente as condicións e a documentación que deberás presentar.
Elabora a túa proposta. Cando a prepares, asegúrate de completar toda a información requirida:
Formulario da parte A: información administrativa e orzamento.
Formulario da parte B: desenvolvemento da proposta (debes descargalo, completalo e volvelo a subir á plataforma).
Todos os anexos obrigatorios e a documentación de apoio que consideres necesaria.
Por último, envía electronicamente a túa solicitude. Para iso usa os formularios específicos que atoparás na páxina de detalle da liña temática á que presentes a túa proposta.