Actualizada a ferramenta INES do Centro Criptolóxico Nacional

Imaxe

O CCN informa de que dá inicio o período de introdución de datos na ferramenta INES correspondente ao ano 2022. 

INES é unha solución desenvolvida polo propio CCN para a gobernanza da ciberseguridade que permite avaliar regularmente o estado da seguridade dos sistemas TIC das entidades e a súa adecuación ao Esquema Nacional de Seguridade. 

A partir deste intre, a avaliación levarse a cabo atendendo ás medidas do Anexo II conforme ao Novo RD 311/2022, do 3 de maio, actualmente en vigor.

O 31 de marzo 2023 pecharase a posibilidade de modificar a información referente ao anterior exercicio, dando por concluída a recollida de datos para o Informe Nacional do Estado de Seguridade do ano 2022. 

Tras o período necesario para o tratamento dos datos obtidos, durante o cal non se poderá introducir ou modificar información algunha, volverá habilitar a ferramenta INES para introducir os datos xa correspondentes a 2023.

Información relacionada