Actualizado o prontuario de ciberseguridade para entidades locais

Imaxe

O Centro Criptológico Nacional (CCN) e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) veñen de publicar unha actualización do documento “Prontuario de ciberseguridade para EELL” no que se aborda a xestión da ciberseguridade a nivel local e o cumprimento do Esquema Nacional de Seguridade (que á súa vez foi actualizado en maio de 2022).



Un dos principais obxectivos do documento é concienciar aos destinatarios (os responsables das entidades locais) acerca dos riscos e ameazas asociadas ao imprescindible uso das Tecnoloxías da Información.



Para iso proporciónase información sobre a problemática específica da ciberseguridade a nivel local e os requisitos necesarios para o obrigado cumprimento do Esquema Nacional de Seguridade nestas entidades.



Tamén se describen os órganos e nomeamentos necesarios e complementarios para a xestión da ciberseguridade. Finalmente, móstrase a casuística de prestación de servizos externos e a súa adecuación ao ENS.

Información relacionada