As administracións galegas informaron de máis de 1400 incidentes de ciberseguridade en 2023

Imaxe

A colaboración entre axencias tecnolóxicas de distintas administracións é un elemento capital na protección fronte ás ameazas e a loita contra o cibercrimen. Deste xeito, o Centro Criptolóxico Nacional pon ao dispor de todas as administracións públicas españolas unha serie de recursos e ferramentas que contribúen a mellorar a ciberseguridade e a compartir a información de maneira eficaz.

En Galicia, a Amtega utiliza na Xunta eses recursos e promove e facilita o seu uso por parte de todas as administracións locais da comunidade autónoma. 

Os 1400 incidentes de 2023 (fronte a uns 400 en 2022) foron notificados a través da ferramenta LUCIA, que actualmente empregan a Xunta, o Sergas, e 16 entidades locais, entre deputacións e concellos de máis de 20.000 habitantes. 12 destas entidades locais reportan a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e 4 dispoñen de instancia propia.

O CCN proporciona outras ferramentas e máis servizos relacionados coa ciberseguridade. A Xunta de Galicia, a través da Amtega, ten como obxectivo darlles o mellor uso posible para incrementar a ciberseguridade das institucións galegas e -compartindo a información obtida- do resto de España. 

Información relacionada