A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) anunciou recentemente que veñen de incluír un asistente virtual no seu portal web para que as persoas usuarias puidesen resolver as súas dúbidas dun xeito máis áxil e rápido.
O asistente atópase na parte inferior dereita do portal, cunha chamada de texto indicando “Necesitas axuda?” e premendo nel, despréganse varias temáticas que a persoa usuaria pode seleccionar.