A AEPD inicia unha investigación de oficio a OpenAI, propietaria de ChatGPT

Imaxe

A AEPD solicitou ao Comité Europeo de Protección de Datos, do que forma parte, que se inclúa ChatGPT como tema para abordar na súa próxima reunión, debido a que considera que os tratamentos globais poden ter un grande impacto sobre os dereitos das persoas e requiren de actuacións coordinadas a nivel europeo, en aplicación do disposto no Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD). 

Non é a única polémica referente á protección de datos na que se ve involucrado o servizo de ChatGPT: á prohibición de uso por parte da axencia de protección de datos italiana, únese a noticia de que empregados de Samsung filtraron accidentalmente información confidencial da empresa ao chatbot. Á hora de utilizalo, é necesario ter en conta que ChatGPT retén os datos que recibe para continuar mellorando o seu funcionamento, polo que esa información confidencial queda en mans de OpenAI e pode aparecer noutras consultas. 

Segundo a información que consta, Samsung advertiu aos seus empregados para que non se volvan a cometer erros semellantes, indicando que de ocorrer outro incidente similar, mesmo despois de que se tomen medidas de protección, o acceso ao servizo de ChatGPT podería ser bloqueado na rede da empresa.

Información relacionada